jueves, 28 de mayo de 2020

Moi bo día familias!!!

Un xoves máis, traemos un conto para desfrutar cos nosos nenos e nenas, que tanto lles gustan. O conto de hoxe titúlase LA VOCECITA  e si premedes sobre o título, poderedes acceder ao conto en Youtube.

Unha vez teñades visualizado o conto, propoñémosvos as seguintes actividades:





Para os nenos e nenas de TRES ANOS:
  • Observa ao protagonista do conto, que animal cres que é? Podes expresar oralmente algún dos seus atributos (cor, tamaño...)?
  • Agora pensa como se chama. Coñeces a letra pola que comeza? E a letra pola que remata? Coa axuda dun adulto, busca ti outras palabras que comecen e rematen polas mesmas letras e trata de escribilas.
  • Conta as sílabas que ten o nome do protagonista facendo palmas. Intenta escribir o número ou, se prefires, podes construílo con plastilina ou calquera outro material.


Para os nenos e nenas de CATRO ANOS:

  • Busca máis especies animais que comecen pola mesma letra que o animal protagonista do conto, e intenta escribilos. Das palabras que escribiche...cal é a máis longa? E a máis curta?
  • Agora, fai unha lista e clasifícaos segundo sexan animais domésticos ou salvaxes. Cal é o teu preferido?
  • Fai un debuxo e explica o por que da túa elección.
  • Conta cantos animais salvaxes están na túa lista e cantos son domésticos. De cales tes máis? E menos?



Para os nenos e nenas de CINCO ANOS:

  • Investiga sobre a especie animal que corresponde ao protagonista do conto. Que tipo de animal é? Que come? Cal é o seu hábitat natural? Como sobrevive?
  • Pensa que farías ti se estiveras na mesma situación que o protagonista, farías o mesmo? Explica que outras opcións lle propoñerías ti a Perico.
  • Agora busca pola casa algún obxecto que ti creas que non ten ningún uso e pensa como se podería reciclar. Podes facer un debuxo explicando cal sería o seu novo uso.
E unha vez feitas todas estas actividades sobre o conto, a seguinte proposta é sobre...



Como artistas italianos que somos, non hai creación máis bonita que poidades facer que o voso propio retrato! Podes comezar por mirar a túa imaxe nun espello e describirte, todas as túas cualidades son positivas e únicas!

Esperemos que vos gusten as ideas que propoñemos...


Para os nenos e nenas de TRES ANOS:
  • Sobre un papel ou cartolina de calquera cor, traza a silueta da túa cara.
  • Agora, en revistas, debes buscar imaxes dos diferentes elementos da cara (ollos, nariz, boca...) canto máis dispares sexan estes elementos, máis divertido será o teu retrato. Recórtaos e pégaos no lugar correspondente.
  • Se non atopas algún destes elementos, podes debuxalos.
  • Pon o teu nome e...LISTO, xa tes o teu súper retrato!



Para os nenos e nenas de CATRO ANOS:

  • Sobre un papel de xornal, debuxa a silueta da túa cara e no seu interior todos os elementos que a compoñen.
  • Unha vez que remates, recorta pola silueta e pégaa nun papel ou cartolina (podes empregala de cores ou pintar sobre unha branca para que quede máis vistoso).
  • Agora imos decorar o pelo, podes coller churriños de plastilina, anacos de la, ou mesmo podes empregar algunha técnica plástica como pintura 3D ou salpicar pintura...
  • Pon o teu nome e...LISTO, xa tes o teu súper retrato!



Para os nenos e nenas de CINCO ANOS:

  • Precisas unha fotografía túa e unha lámina de plástico (tipo lámina de acetato ou similar, un anaco de plástico transparente) e un rotulador permanente.
  • Calca a túa silueta e os diferentes elementos da túa cara.
  • Agora decora a túa creación empregando diferentes técnicas plásticas: podes pintar con rotuladores permanentes de diferentes cores, pintura acrílica, pegando anacos de papel, estirando plastilina...todo o que se che ocorra quedará de marabilla!
  • Pon o teu nome e...LISTO, xa tes o teu súper retrato!
Estas son as opcións que nós recomendamos para cada idade, pero por suposto, cada un pode facer a que máis lle guste e...si vos queda unha creación fascinante, sempre podedes enmarcala para decorar a vosa habitación! 

A deixar voar a imaxinación artistas!!!!

Non queremos rematar esta entrada sen rendir unha pequena homenaxe a todos os que cumprides anos este mes de maio, esperamos que disfrutarades dun DÍA MARABILLOSO e que sigades cumprindo anos así de felices!!! Querémosvos un montón e agardamos MOI MOI PRONTO CELEBRALO CON VOS!!!!

Esta CANCIÓN vai dedicada ás nosas SÚPER PEQUES AROA, MÍA, YOANA, SIRA e a nosa SÚPER PROFE SILVIA! Esperamos tirarvos das orelliñas moi pronto!! MOITOS PARABÉNS!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario