lunes, 1 de junio de 2020

Benvidas unha semana máis ao noso blog familias!

Iniciamos o mes de xuño con novas e refrescantes propostas para dinamizar un pouquiño máis estes días sen cole. Comezamos!

Esta pregunta vai para os nosos nenos/as! Lembrades cando na asamblea facíamos actividades de buscar letras no encerado dixital? Como nos gustaba! Pois agora tedes a oportunidade de facelo na casa con estas actividades que vos propoñemos...

Para os nenos/as de tres anos:



- Rodea cada letra da cor que corresponda  observando o código de cores que aparece na imaxe.


- Escribe o teu nome. Se ten algunha das letras que ves na imaxe, rodéaas da cor que corresponde.


- Por que letra comezan estes animais? Poderías rodealo da cor da letra  pola que comezan?

Para os nenos/as de catro anos:


- Como podes ver na imaxe, hai moitas letras pero non todas están na posición correcta. Rodea da cor que corresponde só aquelas que estén colocadas igual que o modelo.


- Por que letra comeza cada animal que ves na imaxe? Escribe a letra ao seu carón.


- Observa os animais da imaxe. Que letras cres que faltan no seu nome?

Para os nenos/as de cinco anos:


- As letras que ves na imaxe compoñen o nome destes animais pero están desordenadas. Poderías colocalas?


- Agora, debuxa ti un animal que comece polas letras que aparecen na imaxe.


- Cal dos animais que ves na imaxe comezan pola letra que encabeza os debuxos?


- Na imaxe podes ver as letras que compoñen o nome de cada animal pero están desordenadas. Poderías colocalas?

Despois de xogar coas letras, ímos traballar outros aspectos que tamén teñen moito que ver coa lectoescritura...


Para os nenos/as de tres anos:

Une cada elemento  que aparece nas imaxes coa frecha correspondente prestando atención á posición que presenta cada un deles.








Para os nenos/as de catro anos:

- Fixate na posición de cada un dos elementos que aparecen na imaxe e marca na táboa de dobre entrada a frecha que corresponde á mesma posición.



- Agora, observa os cadrados da esquerda e colorea do mesmo xeito os cadrados en branco que están á dereita. Debes prestar moita atención ás cores e á posición dos cadrados que tes que colorear.


Para os nenos/as de cinco anos:

- Observa os debuxos dos cadrados da esquerda e fai os mesmos nos cadrados en branco que están á dereita.


- Agora, colle uns bastonetes e colorea as partes de algodón con rotulador, témpera... pídelle a un adulto que che faga diferentes formas nun papel tendo en conta as cores dos teus bastonetes (como as que se poden observar na imaxe) e despois coloca os bastonetes na posición correcta.


E ata aquí as actividades de hoxe! Xa sabedes que o xoves voltamos con novas propostas e con algunha rutina do cole que nos gusta moito! Estamos desexando vervos axiña, mentres tanto, enviámosvos unha morea de bicos e apertas. Querémosvos un mundo!




No hay comentarios:

Publicar un comentario