miércoles, 23 de diciembre de 2020

 Boa véspera de Noite Boa familias!

Xa que non foi posible convidarvos ao festival de Nadal do cole por circunstancias que todos e todas coñecemos, non quixemos deixar pasar a oportunidade de felicitarvos estas festas. 

Sabemos que van ser un pouquiño diferentes pero, con sentidiño, debemos facer todo o posible para que todas as nenas e todos os nenos pasen estas datas sendo inmensamente felices porque así o merecen.

Eles tamén teñen unha mensaxe moi especial para vós e e queremos facérvola chegar a través deste vídeo tan especial...