domingo, 29 de noviembre de 2020

 Benvidas un curso máis á nosa bitácora familias!

Comezamos cunha entrada moi especial, dedicada exclusivamente á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para celebrar o 25N, as nenas e nenos de educación infantil, decoraron máscaras co fin de derribar estereotipos convencionais con respecto ás cores. Nesta ocasión, as nenas decoraron máscaras azuis e os nenos máscaras rosadas.

Ademais, mergulláronse nunha actividade de reflexión moi interesante. As nenas e nenos debían engurrar papeis para, posteriormente, intentar arranxalos e deixalos como estaban. Estas engurras simbolizan as feridas que se lle deixan ás persoas cando non son ben tratadas e a finalidade non era outra máis que chegar á conclusión de que, ao igual que lle pasa ao papel, as persoas non volven ser as mesmas despois de sufrir un maltratato de calquera tipo. 

Despois de realizar a actividade, todas e todos tiveron moi clara a mensaxe que debían transmitir: "NON Á VIOLENCIA". 



NO CEIP "O SALVADOR" TODAS E TODOS ESTAMOS EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.