lunes, 25 de mayo de 2020

Bos días familias! Ímos a polo derradeiro luns do mes de maio con máis actividades.

Que tal se comezamos o día xogando un pouco cos números?


Para os nenos/as de tres anos:


- Elaboramos tarxetas cos números do 1 ao 6. Anímate a escribilos ou repasalos.

- Agora colocamos ao carón de cada número tantos elementos como indica o número (exemplo: pezas ensartables, pompóns, coches...).


- Por se non os tiñas, debes ordenar todos os números, comezando polo máis pequeno ata o máis grande. Coa axuda dun adulto, colle dous e reflexiona sobre o maior e o menor.

- Despois, o adulto desordenará as tarxetas, podes volver a colocalas ao carón do número correspondente?

Para os nenos/as de catro anos: 


- Ímos deseñar un taboleiro coma o que ves na imaxe, pode ser en papel, cartolina, debuxado no chan... como máis vos guste! E podedes facerlle as modificacións que queirades.


- Agora facemos un código de cores, cada cor vaise corresponder cun número. 

- Trata de colocar un elemento de cada cor enriba do número que corresponde no taboleiro, tal e como podes ver na imaxe.


- Cantos recadros hai de cada número no taboleiro?

- Cal é o número maior? E o menor?

- Anímaste a elaborar pequenas tarxetas e escribir en cada unha un número do 1 ao 6?

- Agora, intenta colocar cada tarxeta enriba do número correspondente.

Para os nenos/as de 5 anos: 


- Ímos elaborar tarxetas cos números do 1 ao 6.

- Agora elabora tarxetas nas que debuxes dende un ata seis circulos en cada unha.

- Asocia cada número coa cantidade que representa.

- Colle dous números ao azar. Cal é maior? E menor?

- Colle un único número. Cal é o anterior? E o posterior? Fai o mesmo con todos os números.


- Volvemos a coller un número e descompoñémolo. Podes ver o exemplo na imaxe co número catro. Colle catro elementos e descomponos de todas as maneiras posibles (3+1, 2+2, 1+3...) 

- Ocórrenseche máis formas de facelo?


- Agora ímos facer o mesmo con todos os números. Anímaste a escribir nesta táboa todas as posibilidades? Ponémosche unha a modo de exemplo.


E, para completar o día, que vos parece se xogamos unha partidiña ao bingo?



Para iso, precisamos un cartóns que, neste caso, terán como protagonistas a diferentes animais...





E tamén precisamos unhas fichas para poder tapar as imaxes que vaian saíndo durante o xogo...





Unha vez que teñamos impresos os cartóns e as fichas, un dos xogadores, será o encargado/a de poñer os cartóns boca abaixo e repartilos entre o resto das persoas que xogan. 

Despois, colocará tamén as fichas boca abaixo e irá sacándoas ao azar dicindo en voz alta que animal aparece na ficha. A continuación, entregaralla ao xogador que a reclame á voz de "MIÑA" . O xogador/a que reciba a ficha, buscará a imaxe no seu cartón e deberá tapala coa ficha recibida.

É posible facer "liña" cando se marcan en fila tres animais e "bingo" cando se marcan as nove imaxes do cartón.

Cando un dos xogadores/as, cante "bingo", limparanse os cartóns ( podendo intercambialos cos outros xogadores), removeranse as fichas e volta a comezar.

Deixámosvos por aquí as imaxes dos cartóns e das fichas (autora: Raquel Piñero) para poder imprimilas.

CARTÓNS





FICHAS





Esperamos que pasedes un ratiño agradable con estas propostas! Xa sabedes que nós estamos esperando as vosas fotos e videos para ver o ben que as facedes!! Moitos biquiños de cores para os nosos peques!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario