jueves, 21 de mayo de 2020

Moi bo día familias!

Hoxe é xoves, e iso significa que é o noso día do conto! Por iso, hoxe traemos un novo que ao mellor algún de vos xa coñece, o conto titúlase "INÉS DEL REVÉS" e se premedes no título podedes acceder ao vídeo do mesmo. 

Unha vez que leades o conto, propoñémosvos estas actividades: 


Para os NENOS E NENAS DE TRES ANOS:

  • Intenta ordenar a secuencia observando nas imaxes o que sucedeu antes e despois.
  • Expresa oralmente que fixo Inés cando se levantou da cama e intenta facelo ti. Só precisas unha gorra e un par de zapatos!
  • Escolle unha das accións que fixo Inés ao revés (camiñar sobre as mans, ler un libro ao revés, facer voar a cometa polo chan...) e fai o debuxo explicando se che parece correcto ou non facelo así.



Para os NENOS E NENAS DE CATRO ANOS:

  • Intenta ordenar a secuencia observando nas imaxes o que sucedeu antes e despois.
  • Explica se che parece axeitado o almorzo que pide Inés e elabora unha carta ou enumera diferentes almorzos para darlle máis ideas á protagonista desta historia.
  • Escolle unha das accións que fixo Inés ao revés (camiñar sobre as mans, ler un libro ao revés, facer voar a cometa polo chan...). Fai o debuxo e intenta escribir a acción que está a realizar.




Para os NENOS E NENAS DE CINCO ANOS:

  • Intenta ordenar toda a secuencia temporal do conto poñendo en cada imaxe o número ordinal que corresponde.
  • Como podes ver, o título do conto "Inés del Revés" é unha rima. Busca ti máis palabras que rimen. Se o fas co nome dos teus compañeiros/as do cole seguro que aínda é máis divertido!
  • Pensa noutras accións diferentes ás que fixo Inés (podes escribilas e/ou debuxalas), explica se che parece unha boa idea facelas do revés e, se entrañan algún perigo, explica cal sería.

A continuación, poñémosvos todas as imaxes do conto para visualizar mellor cada escena do mesmo:























E despois desta actividade...aquí tedes un xogo moi lúdico para facer fóra, aproveitando o bo tempo! Soamente precisades este TABOLEIRO, un DADO e unha FICHA para cada xogador e...a DIVERTIRSE MOVENDO O ESQUELETO!!!



Con respecto á actividade do conto dos Bolechas do xoves pasado, poñémosvos aquí un enlace directo ao mesmo por se tivestedes algunha dificultade para acceder a el: CONTO BOLECHAS.



Moitos bicos a todos e a todas e que pasedes un gran finde desfrutando deste bo tempo!!! Querémosvos un montón!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario