jueves, 14 de mayo de 2020

Bo día familias!!!

Como cada xoves, as actividades propostas para hoxe están relacionadas cos contos, e dado que este domingo é o día das LETRAS GALEGAS, imos a propoñervos un xogo a partir dun conto do noso autor homenaxeado este ano: RICARDO CARBALLO CALERO.

Para poder comezar, deixámosvos o enlace ao conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", agardamos que vos guste: https://www.youtube.com/watch?v=lBvbDEcxbqU&feature=youtu.be

Despois de ver este audioconto, propoñémosvos o seguinte xogo, tédelo aquí en formato PPT para clicar e acceder directamente a el, para que vos resulte máis doado: Xogo As pitas baixo a choiva

De todos os xeitos, aquí vos deixamos cada unha das probas en imaxes:




PRIMEIRA PROBA:
  • Para os nenos e nenas de tres anos: Escribe o nome e os apelidos do autor homenaxeado. Escribe debaixo o teu nome e apelidos, que letras coinciden?
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Escribe o nome e os apelidos do autor homenaxeado, cantas letras ten o seu nome? E cada apelido? Escribe debaixo o teu nome e apelidos, ten máis letras o teu nome ou o do autor? E dos apelidos, cal ten máis?
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Escribe o nome e os apelidos do autor homenaxeado. Busca o lugar onde naceu e escríbeo, en que lugar naciche ti? Escríbeo tamén.
E o PREMIO é...CANTAR E BAILAR CON TODOS OS QUE VIVEN CONTIGO A TÚA CANCIÓN FAVORITA!



SEGUNDA PROBA:
  • Para os nenos e nenas de tres anos: Que animal aparece no conto? Descríbeo oralmente. Agora, tes 30 segundos para dicir todos os animais que se che ocorran, cales son?
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Que animal aparece no conto? Descríbeo oralmente. Agora, tes 30 segundos para dicir todos os animais que coñeces que teñan pico, anímaste a escribilos?
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Que animal aparece no conto? Descríbeo oralmente. Agora, debúxao e escribe ao carón todas as partes do corpo que fuche describindo.
E o PREMIO é...PEDIRLLE A ALGUÉN DA TÚA FAMILIA QUE CHE DEA UNHA MASAXE!



TERCEIRA PROBA:
  • Para os nenos e nenas de tres anos: Cando ía á aldea o pai de Ricardo? Por que letra comeza este día da semana? Poderías pensar nunha palabra que comece por esta letra?
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Cando ía á aldea o pai de Ricardo? Escribe nun papel este día da semana, cantas letras ten? E sílabas?
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Cando ía á aldea o pai de Ricardo? Podes escribir todos os días da semana? Rodea o día en que vai á aldea o pai de Ricadro, cal é o anterior? E o seguinte? 

E o PREMIO é...COMER UN PEQUENO DOCE QUE CHE GUSTE! 



CUARTA PROBA:

  • Para os nenos e nenas de tres anos: Que buscaban as pitas na terra para comer e que lles levaba o neno? Cantos alimentos se che ocorren en 30 segundos?
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Que buscaban as pitas na terra para comer e que lles levaba o neno? Cantas comidas típicas de Italia se che ocorren en 30 segundos? Escribe a que máis che guste.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Que buscaban as pitas na terra para comer e que lles levaba o neno? Serías quen de dicirnos e escribir 5 cousas que podemos facer con millo?
E o PREMIO é...UNHA RONDA DE ELOXIOS, CADA MEMBRO DA TÚA FAMILIA DEBE DICIR DÚAS CARACTERÍSTICAS POSITIVAS DE TI!



QUINTA PROBA:

  • Para os nenos e nenas de tres anos: Que significa a palabra "IMPERMEABLE"? Busca algo na túa casa que sexa impermeable e dinos para que o utilizas.
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Que significa a palabra "IMPERMEABLE"? Que dicía o pai de Ricardo no conto que era impermeable? Busca un par de cousas na túa casa que sexan impermeables, debúxaas e escribe o seu nome.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Que significa a palabra "IMPERMEABLE"? Que dicía o pai de Ricardo no conto que era impermeable? Cantas letras e sílabas ten esta palabra? Busca varias cousas impermeables na túa casa, debúxaas e escribe o seu nome, explicando ao carón para que serven.
E o PREMIO é...XOGAR AO TEU XOGO FAVORITO CUN MEMBRO DA TÚA FAMILIA!



Ademais deste xogo, para celebrar esta data, os Bolechas tamén fixeron un libro dedicado a Ricardo Carballo Calero, aquí podes atopalo en PPT: Os Bolechas.

Animámosvos a ler este conto e a facer esta proposta de actividades:


Como podes ver no conto, o tío Lisardo disfrázase de Carvalho Calero, agora ti podes facer o mesmo poñendo un pucho e pintando un bigote. Se prefires, podes debuxalo tendo en conta os seus atributos.


Despois de ler a historia...Pensa como se chamaba a nai de Scórpio e...

  • Para os nenos e nenas de tres anos: Busca outra palabra que comece pola mesma letra.
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Busca outra palabra que comece e remate polas mesmas letras.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Conta as letras que contén este nome, conta tamén as sílabas e fai a suma.


Agora, pensa a que se dedicaba a nai de Scórpio...

  • Para os nenos e nenas de tres anos: Expresa oralmente cada un dos obxectos que tes na imaxe da esquerda. Agora, nomea as diferentes cores de cada un dos botóns.
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Intenta escribir o nome dos obxectos de cor negra. Agora, sinala un botón grande, un mediano e un pequeno.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Escribe o nome dos obxectos que serven para cortar. Agora, conta os alfileres e os botóns que hai na imaxe. Hai máis cantidade duns obxectos que dos doutros?



Pensa que comida lle levaba a veciña á nai de Scórpio?

  • Para os nenos e nenas de tres anos: Busca outra comida que comece pola mesma letra.
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Escribe outra comida italiana que remate pola mesma letra. Se necesitas refrescar a memoria, podes ver de novo o vídeo que colgamos no blog sobre as comidas de Italia.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Completa o acróstico con palabras referidas a comidas.
C

A
L
D
O


Por último, pensa en que cidade de Galicia naceu Carvalho Calero?

  • Para os nenos e nenas de tres anos: E ti? Onde naciche? Intenta escribir o nome dese lugar.
  • Para os nenos e nenas de catro anos: Busca e escribe outras palabras que comecen pola letra "F". Despois compáraas e sinala cales son máis longas e cales son máis curtas.
  • Para os nenos e nenas de cinco anos: Coa axuda dun adulto, busca e escribe outras palabras que leven "RR". Agora, pronuncia esas palabras como se levasen un só "R". Soan igual?


E como a entrada de hoxe vai de celebracións...non nos esquecemos de que mañá é o DÍA DA FAMILIA e, por iso, en honra ás nosas queridas familias traémosvos un xogo por si vos queredes animar a facelo, aquí o tedes:








E sobre todo...non vos esquezades de mimar moito ás VOSAS FAMILIAS! MOI FELIZ DÍA!!

Botámosvos moito de menos!! Volveremos a xuntarnos!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario