lunes, 18 de mayo de 2020

Aquí estamos de novo un luns máis familias!

Esperamos que pasárades un estupendo Día da Familia e un feliz Día das Letras Galegas! E despois de tanta celebración... seguimos con novas propostas.


Hoxe ímos traballar a linguaxe oral coa adquisición e reforzo de vocabulario e xogar un pouquiño coas letras e as palabras... 


Para os nenos/as de tres anos: 

- Escolle tres obxectos que ti queiras (na marxe inferior esquerda da imaxe amosamos o noso exemplo)

- Que son? Para que serven? Como os empregas ti?

- Agora observa os obxectos que escolliche ti. Por que letra comeza cada un deses obxectos? Pide a un maior que che escriba a palabra completa e anímate a escribila ti tamén.

- Agora asocia a palabra con cada obxecto.

- Por último, observa os obxectos que aparecen na marxe inferior dereita. Que palabra é máis longa? E máis curta? Que letras coñeces de cada palabra? O teu nome ten algunha desas letras? Se é así, dí cales.

- Anímate a escoller outros tres obxectos e volve a xogar!


Para os nenos/as de catro anos:

- Escolle catro obxectos que ti queiras (na marxe inferior esquerda da imaxe amosamos o noso exemplo).

- Fai unha descrición de cada un deles.

- Agora observa os obxectos que escolliche ti. Por que letra comeza cada un deses obxectos? Escribe a inicial de cada obxecto nun papel e asocia cada obxecto coa letra pola que comeza.

- Escribe a palabra completa. Agora desordena todas as palabras e logo trata de asociar cada unha co obxecto correspondente.

- Por último, observa os obxectos que aparecen na marxe inferior dereita. Que palabra é máis longa? E máis curta? Cantas letras ten cada unha? E sílabas? Busca unha nova palabra coa inicial de cada unha e escríbea.

- Agora anímate a coleer outros catro obxectos e volve a xogar!


Para os nenos/as de cinco anos: 

- Escolle cinco obxectos que ti queiras (na marxe inferior esquerda da imaxe amosamos o noso exemplo).

- Fai unha descrición de cada un deles.

- Palabras relacionadas: a partir de cada obxecto, debes dicir outros tres relacionados con este.

- Agora observa os obxectos que escolliche ti. Por que letra comeza e remata cada un destes obxectos? Escribe a inicial e a última letra de cada obxecto nun papel e asocia cada obxecto coa letra pola que comeza así como pola última letra.

- Escribe a palabra completa. Agora, desordena todas as palabras e logo trata de asociar cada unha co obxecto correspondente.

- Por último, observa os obxectos que aparecen na marxe inferior dereita. Que palabra é máis longa? E máis curta? Cantas letras ten cada unha? E sílabas? Escribe as palabras relacionadas con cada obxecto que dixeche anteriormente.

- Anímate a coller outros cinco obxectos e volve a xogar!


E agora, que vos parece se comezamos a semana convertíndonos en detectives para buscar con lupa modelos e siluetas?


Lembrades o conto do "Monstro de cores" que temos no cole e que tanto nos gusta? Pois para os nenos/as de tres anos, propoñemos facer unha búsqueda dos diferentes monstros seguindo o modelo que se ofrece. Atentos/as!



Atopáchelos todos? Pois agora, conta cantos encontrache de cada cor. De cales hai máis? E menos? Que cores teñen o mesmo número de modelos repetidos?

Para os nenos/as de catro anos, propoñemos buscar a silueta repetida e unir cada ovella coa súa parella. Poñede toda a vosa atención e concentración...



Agora, conta cantas siluetas atopache que fosen iguais ao modelo que se ofrece. Que animal ten máis siluetas repetidas? E menos?  Hai algún que teña o mesmo número de siluetas iguais á do modelo?


Para os nenos/as de cinco anos, lanzamos un reto aínda máis difícil! Buscar o intruso que se agocha en cada un dos grupos de elementos. 




Deixámosvos por aquí as plantillas por se queredes imprimir o material da actividade.

























E agora, animádesvos a facer as vosas propias siluetas ou "sombras chinas"? Só precisades das vosas mans, unha superficie lisa e preferentemente de cor branca (parede, saba) e unha fonte de luz (lámpada). 
tedes algúns exemplos.

Tamén podedes facer o voso propio teatro de sombras reciclando unha caixa de cartón. Podedes ver a idea no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=_BCJ4fOVgLQ. Se queres ideas para facer as túas propias plantillas podes descargalas na seguinte páxina web.


http://3macarrons.com/project/teatrillo-de-sombras-titeres-de-la-leyenda-de-sant-jordi/

Por certo! Sabedes unha cousa? Hoxe é o Día Internacional dos Museos e como nós estamos a investigar a arquitectura, esculturas e pinturas de Italia, que vos parece se damos un paseo virtual pola Galería da Academia onde está a escultura "O David". No seguinte enlace, podedes facer unha visita virtual ao museo https://www.virtualuffizi.com/es/

Lembrades tamén que no cole falamos da Capilla Sixtina? Pois no seguinte enlace http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/es/collezioni/musei/cappella-sistina/tour-virtuale.html tamén podedes disfrutar desta fermosa obra de Miguel Ángel.

E se vos apetece xogar un pouco en familia  coa temática dos museos, podedes visitar este enlace do Museo do Prado https://www.museodelprado.es/recurso/dim2020-museos-para-la-igualdad-diversidad-e/1ab89742-94a2-4aef-95f7-7048b9577784#actividad 

Esperamos que o pasedes xenial realizando estas actividades! Un biquiño enorme e unha aperta aínda máis grande para os nosos peques! Querémosvos un mundo! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario