lunes, 23 de marzo de 2020

Ola de novo familias! 

Hoxe traemos novas propostas que servirán para lembrar e repasar contidos que estamos a traballar durante este curso académico. 

Como ben sabedes, estamos inmersos no proxecto "A volta ao mundo en 80 días" e a nós, tocounos investigar sobre Italia. 

Neste segundo trimestre, recopilamos, grazas ao voso traballo,  unha morea de información sobre pinturas, esculturas e arquitectura. Por iso, queremos facer un repaso divertido sobre todo o que aprendimos.

Ademáis das actividades de lectoescritura, tamén queremos propoñervos unha de lóxico-matemática para que pasedes un rato agradable xogando cos números.

No seguinte enlace tedes acceso a todas estas actividades:

https://view.genial.ly/5e7895568a1d0d0d987e6b7d/vertical-infographic-propostas-de-actividades-pequenos-salvadores

Tamén vos deixamos imaxes explicativas de cada unha delas.






Esperamos que vos gusten!! E xa sabedes, vémonos en breve!

#euquedonacasa#todosairáben

2 comentarios:

  1. Gracias!! ☺️ Un saludo ✨✨

    ResponderEliminar
  2. Gracias a vós! Esperamos que estedes pasando estes días o mellor posible e que podamos voltar ao cole en breve. Unha aperta e un biquiño grande!

    ResponderEliminar