jueves, 26 de marzo de 2020

Bos días familias!

Hoxe queremos propoñervos unha nova  rolda de actividades!! Para comezar, ímos facer uso dos pictogramas, un recurso que empregamos nunha das nosas rutinas do cole. Estades preparados/as para superar estes retos?...


Para os nenos/as de 3 anos: coa axuda dun adulto ler a acción e buscar o pictograma que corresponde.


Para os nenos/as de 4 anos: Lembrades cómo organizamos a xornada no cole a través dos pictos? Cal vai antes e cal despois? Lanzamos o reto! Tamén podedes probar a escribir os números ordinais ao carón de cada pictogama.


Para os nenos/as de 5 anos: Cómo organizades a xornada na casa? Empregando os pictogramas que vos deixamos por aquí, explicade cales son as vosas rutinas diarias; mediante debuxos, facendo frases sinxelas, escribindo un texto...

E agora, por qué non facer un experimento á vez que repasamos contidos do noso proxecto "A volta ao mundo e 80 días"?, así será moito máis divertido!!


Ímos facer plastilina caseira! Para isto, o que precisamos é: acondicionador de pelo, maizena e colorante alimentario.

Cómo a preparamos? 

1. Medimos medio vaso de acondicionador de cabelo.

2. Medimos un vaso de fariña de millo (maizena).

3. Aplicamos colorante alimentario da cor que queiramos.

4. Mesturamos todo.

Podemos facer máis ou menos cantidade, sempre gardando as proporcións indicadas.

E agora? Qué facemos coa esta plastilina? Lanzamos un novo reto!


Podemos facer unha escultura; botando un ollo ás esculturas italianas que máis nos gusten...podemos crear a nosa con plastilina!

Qué máis podemos facer? 

Para os nenos/as de 3 anos: buscarlle un nome á nosa escultura e tratar de escribilo.

Para os nenos/as de 4 anos: inventar un nome e escribilo. Tamén podemos escribir os ingredientes do noso experimento.

Para os nenos/as de 5 anos: inventar o nome da escultura, escribilo e tamén o que significa a nosa escultura.

Podedes compartir con nós os resultados do experimento no noso correo de aula aulainfantilsalvador@gmail.com. 

A partir de agora, as entradas con novas actividades publicaranse no blog os días LUNS e XOVES. Para calquera dúbida ou suxerencia sobre as actividades, podedes deixar o voso comentario nesta mesma entrada ou ben escribir ao correo de aula, citado anteriormente.

Como sempre, moitas gracias por colaborar!!

Un biquiño moi forte! E xa sabedes, vémonos en breve!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario