jueves, 26 de marzo de 2020

Bos días familias!

Hoxe queremos propoñervos unha nova  rolda de actividades!! Para comezar, ímos facer uso dos pictogramas, un recurso que empregamos nunha das nosas rutinas do cole. Estades preparados/as para superar estes retos?...


Para os nenos/as de 3 anos: coa axuda dun adulto ler a acción e buscar o pictograma que corresponde.


Para os nenos/as de 4 anos: Lembrades cómo organizamos a xornada no cole a través dos pictos? Cal vai antes e cal despois? Lanzamos o reto! Tamén podedes probar a escribir os números ordinais ao carón de cada pictogama.


Para os nenos/as de 5 anos: Cómo organizades a xornada na casa? Empregando os pictogramas que vos deixamos por aquí, explicade cales son as vosas rutinas diarias; mediante debuxos, facendo frases sinxelas, escribindo un texto...

E agora, por qué non facer un experimento á vez que repasamos contidos do noso proxecto "A volta ao mundo e 80 días"?, así será moito máis divertido!!


Ímos facer plastilina caseira! Para isto, o que precisamos é: acondicionador de pelo, maizena e colorante alimentario.

Cómo a preparamos? 

1. Medimos medio vaso de acondicionador de cabelo.

2. Medimos un vaso de fariña de millo (maizena).

3. Aplicamos colorante alimentario da cor que queiramos.

4. Mesturamos todo.

Podemos facer máis ou menos cantidade, sempre gardando as proporcións indicadas.

E agora? Qué facemos coa esta plastilina? Lanzamos un novo reto!


Podemos facer unha escultura; botando un ollo ás esculturas italianas que máis nos gusten...podemos crear a nosa con plastilina!

Qué máis podemos facer? 

Para os nenos/as de 3 anos: buscarlle un nome á nosa escultura e tratar de escribilo.

Para os nenos/as de 4 anos: inventar un nome e escribilo. Tamén podemos escribir os ingredientes do noso experimento.

Para os nenos/as de 5 anos: inventar o nome da escultura, escribilo e tamén o que significa a nosa escultura.

Podedes compartir con nós os resultados do experimento no noso correo de aula aulainfantilsalvador@gmail.com. 

A partir de agora, as entradas con novas actividades publicaranse no blog os días LUNS e XOVES. Para calquera dúbida ou suxerencia sobre as actividades, podedes deixar o voso comentario nesta mesma entrada ou ben escribir ao correo de aula, citado anteriormente.

Como sempre, moitas gracias por colaborar!!

Un biquiño moi forte! E xa sabedes, vémonos en breve!!







miércoles, 25 de marzo de 2020

Ola familias!

Nesta entrada, deixamos as imaxes dunha das actividades propostas polos problemas que algunha de vós tedes para acceder á actividade on line.






Non é necesario imprimir, simplemente consiste en observar as imaxes e nun folio ir escribindo o nome de cada unha delas. 

A partir de agora, colgaremos as actividades en formato imaxe para evitar problemas de acceso ás mesmas.

Un biquiño e unha aperta moi forte!! #euquedonacasa#todosairáben



lunes, 23 de marzo de 2020


Quedamos sen palabras!! Recibir este video tan bonito nestes días tan tristes é, sen dúbida. un alento de aire fresco que nos convida a velo todo con moito máis optimismo porque os nenos/as transmiten vida, alegría e todos os sentimentos positivos que nos podemos imaxinar, porque son maxia en sí mesmos. 

Por suposto, queremos agradecerlle ás familias que fixeran isto posible, que os traballos que foron elaborando os nosos peques estes días, se converteran en visibles para nós. 

Por todo isto, un BRAVO ENORME por todas/os vós!!!!!



As profes botámosvos moito de menos!! 


Ola de novo familias! 

Hoxe traemos novas propostas que servirán para lembrar e repasar contidos que estamos a traballar durante este curso académico. 

Como ben sabedes, estamos inmersos no proxecto "A volta ao mundo en 80 días" e a nós, tocounos investigar sobre Italia. 

Neste segundo trimestre, recopilamos, grazas ao voso traballo,  unha morea de información sobre pinturas, esculturas e arquitectura. Por iso, queremos facer un repaso divertido sobre todo o que aprendimos.

Ademáis das actividades de lectoescritura, tamén queremos propoñervos unha de lóxico-matemática para que pasedes un rato agradable xogando cos números.

No seguinte enlace tedes acceso a todas estas actividades:

https://view.genial.ly/5e7895568a1d0d0d987e6b7d/vertical-infographic-propostas-de-actividades-pequenos-salvadores

Tamén vos deixamos imaxes explicativas de cada unha delas.






Esperamos que vos gusten!! E xa sabedes, vémonos en breve!

#euquedonacasa#todosairáben

viernes, 20 de marzo de 2020

Estimadas familias:

Debido á situación de alarma sanitaria  na que estamos e que conleva ao impedimento de poder abrir os centros educativos, dende o CEIP O Salvador, as titoras de infantil queremos ofrecervos unha serie de actividades que podedes levar a cabo cos vosos fillos/as nestes dias de confinamento. 

Estas actividades e suxerencias, teñen como obxectivo que os nenos/as podan seguir unha rutina diaria e que, ademáis, podan repasar contidos dunha forma lúdica e divertida.

A continuación, deixamos o enlace e as imaxes  que conteñen ditas suxerencias:


Estas actividades teñen carácter voluntario e será cada familia a que decida levar a cabo aquelas que considere oportunas.

E lembrade, entre todos e todas gañaremos a batalla contra o COVID-19!!!! #euquedonacasa#todosairáben



Vémonos en breve, seguro!!