Por aquí vos deixamos unhas actividades Lim sobre o nosos proxecto "Avances da medicina".
miércoles, 23 de diciembre de 2020
Boa véspera de Noite Boa familias!
Xa que non foi posible convidarvos ao festival de Nadal do cole por circunstancias que todos e todas coñecemos, non quixemos deixar pasar a oportunidade de felicitarvos estas festas.
Sabemos que van ser un pouquiño diferentes pero, con sentidiño, debemos facer todo o posible para que todas as nenas e todos os nenos pasen estas datas sendo inmensamente felices porque así o merecen.
Eles tamén teñen unha mensaxe moi especial para vós e e queremos facérvola chegar a través deste vídeo tan especial...
domingo, 29 de noviembre de 2020
Benvidas un curso máis á nosa bitácora familias!
Comezamos cunha entrada moi especial, dedicada exclusivamente á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Para celebrar o 25N, as nenas e nenos de educación infantil, decoraron máscaras co fin de derribar estereotipos convencionais con respecto ás cores. Nesta ocasión, as nenas decoraron máscaras azuis e os nenos máscaras rosadas.
Ademais, mergulláronse nunha actividade de reflexión moi interesante. As nenas e nenos debían engurrar papeis para, posteriormente, intentar arranxalos e deixalos como estaban. Estas engurras simbolizan as feridas que se lle deixan ás persoas cando non son ben tratadas e a finalidade non era outra máis que chegar á conclusión de que, ao igual que lle pasa ao papel, as persoas non volven ser as mesmas despois de sufrir un maltratato de calquera tipo.
Despois de realizar a actividade, todas e todos tiveron moi clara a mensaxe que debían transmitir: "NON Á VIOLENCIA".
jueves, 18 de junio de 2020
Que precisamos? Dous barreños (os que empregamos para o primeiro xogo) e varios globos de auga, que colocaremos todos xuntos no primeiro barreño).
Os barreños deben estar colocados un ao carón do outro, e debedes transvasar os globos tocándoos unicamente cos pés, e procurando non rompelos! Sorte!
- Mesturamos nunha cunca auga cunhas gotas de pintura ou colorante alimentario. Agrégalle cor ata que teñas unha tonalidade un pouco máis escura da que desexas, xa que o xiz aclara ao secar.
- Coa culler, remove a mestura ata que a cor esté ben disolta.
- Cando teñas a cor desexada, engade o xeso segundo as porcións que indica o reverso do envase. Agrega pouco a pouco ata obter unha pasta homoxénea.
- Cando teñas a mestura, enche os vasos coa culler.
- Finalmente, coloca un dos paos no centro do vaso para facer os xeados.
- Deixa secar, retira o vaso e...a pintar!
- Botamos no recipiente tres culleres de cola branca.
- Engadimos espuma de afeitar (ata cubrir a cola) e mesturamos.
- Engadimos 6 culleres de líquido de lentillas.
- Botamos colorante alimentario ou pintura acrílica da cor que queiramos.
- Podemos engadir un pouco de purpurina.
- Mesturamos todo con moitas ganas e...A XOGAR!
E aos nosos NENOS E NENAS, que dicir...que non podemos sentirnos máis orgullosas de vós e que estamos desexando darvos unha APERTA BEN AGARIMOSA e seguir aprendendo e disfrutando todos xuntos!
Aquí seguiremos, á vosa disposición para o que precisedes, MOITOS BICOS E APERTAS PARA OS NENOS E NENAS E AS SÚAS FAMILIAS!!!
Queremos aproveitar tamén para cantar un FELIZ CUMPLE moi grande para todos OS NOSOS NENOS E NENAS que están de celebración este mes de xuño que son DIEGO G. CHAÍN E LINA, os peques que cumpren anos en xullo que son MATEO, TIAGO, LUCAS F., MARA E SAÚL, e tamén para os que soprarán velas en agosto que son JOEL, MIGUEL, LAURA E YERAY!!!! Esta CANCIÓN vai dedicada a todas e todos vós!! Desexámosvos que pasedes un día marabilloso, e estamos agardando para soplar as velas con vós no cole en setembro!! QUERÉMOSVOS!!!
DESFRUTADE DO VERÁN, AQUÍ VOS AGARDAMOS COS BRAZOS ABERTOS!!!!!

















