jueves, 2 de diciembre de 2021
miércoles, 1 de diciembre de 2021
Boa tarde familias
Hoxe propóñovos outra actividade de orientación espacial. Tedes que colorear as frechas coa cor correspondente dependendo da posición de cada unha delas; arriba, abaixo, dereita, esquerda (un lado, outro lado).
Non perdades as cores de vista, anímovos a completar as seguintes series...
Agora, collede calquer material manipulativo que teñades pola casa (botóns, pompóns...) e facede series inventadas. Póñovos un exemplo de como se podería comezar...
Para seguir traballando as nosas habilidades matemáticas, propóñovos esta outra actividade...
Cos mesmos elementos manipulativos que empregades para facer as series, podedes ir identificando e marcando nas diferentes filas da táboa o número que é igual ao que está na parte superior, neste caso é o 3. Veña! A buscar!
martes, 30 de noviembre de 2021
Boa tarde familias
É hora de traballar un pouquiño a lectoescritura con estes xogos que vos propoño a continuación.
A actividade consiste en identificar a letra que aparece na parte superior e asociala coa mesma letra (maiúscula ou minúscula) das que aparecen na parte inferior. Podedes marcala cunha pinza, cun gomet ou ben colorear a que corresponde en cada caso.
Agora, déixovos o xogo da oca das vogais...
Precisamos, como no xogo da oca tradicional, un dado e unha ficha para cada xogador (non máis de 4). Lánzase o dado e avanzamos segundo o número obtido. Ao caer nunha casilla, o xogador ten que identificar a letra e pensar nunha palabra que comece por esa mesma letra. Se acertamos, permanecemos na mesma casilla, pola contra, teremos que volver á casilla anterior.
Se caemos na casilla da oca, decimos " De oca a oca e tiro porque me toca" e volvemos lanzar o dado.
lunes, 29 de noviembre de 2021
Bo día familias
Hoxe ímos traballar un pouquiño a lóxico-matemática e a orientación espacial. Por aquí vos deixo unha actividade na que tedes que poñer o número de puntos que corresponde a cada posición.
Agora, ímos descompoñer números de forma manipulativa. Observade a imaxe...
É o voso turno, empregando a plantilla da casiña descompoñede os seguintes números: 3, 5, 7,9.
Por aquí vos deixo outros exemplos de como se poden facer as descomposicións...
viernes, 26 de noviembre de 2021
Bo día familias
Como hoxe é o día de levar un contiño para a casa, non ímos quedar sen el! Por aquí vos deixo un par deles, podedes escoller un e facer a actividade correspondente ou os dous, como queirades.
Que teñades moi boa fin de semana!
