Por aquí vos deixo algunhas actividades máis sobre o proxecto...
martes, 23 de noviembre de 2021
lunes, 22 de noviembre de 2021
Bo día familias!
Déixovos por aquí unhas actividades relacionadas co proxecto dos deportes para facer na casa, mentres non podamos voltar á aula de forma segura.
Comparto con vós tamén a carpeta do drive onde as teño almacenadas para que poidades descargar e imprimir os archivos se así o desexades.
viernes, 14 de mayo de 2021
miércoles, 23 de diciembre de 2020
Boa véspera de Noite Boa familias!
Xa que non foi posible convidarvos ao festival de Nadal do cole por circunstancias que todos e todas coñecemos, non quixemos deixar pasar a oportunidade de felicitarvos estas festas.
Sabemos que van ser un pouquiño diferentes pero, con sentidiño, debemos facer todo o posible para que todas as nenas e todos os nenos pasen estas datas sendo inmensamente felices porque así o merecen.
Eles tamén teñen unha mensaxe moi especial para vós e e queremos facérvola chegar a través deste vídeo tan especial...
domingo, 29 de noviembre de 2020
Benvidas un curso máis á nosa bitácora familias!
Comezamos cunha entrada moi especial, dedicada exclusivamente á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Para celebrar o 25N, as nenas e nenos de educación infantil, decoraron máscaras co fin de derribar estereotipos convencionais con respecto ás cores. Nesta ocasión, as nenas decoraron máscaras azuis e os nenos máscaras rosadas.
Ademais, mergulláronse nunha actividade de reflexión moi interesante. As nenas e nenos debían engurrar papeis para, posteriormente, intentar arranxalos e deixalos como estaban. Estas engurras simbolizan as feridas que se lle deixan ás persoas cando non son ben tratadas e a finalidade non era outra máis que chegar á conclusión de que, ao igual que lle pasa ao papel, as persoas non volven ser as mesmas despois de sufrir un maltratato de calquera tipo.
Despois de realizar a actividade, todas e todos tiveron moi clara a mensaxe que debían transmitir: "NON Á VIOLENCIA".

