martes, 7 de diciembre de 2021

 Bo día familias

Case non queda nada para o Nadal, así que, para comezar, vou propoñer unhas actividades que seguro vos gustará realizar...

Este é o xogo do memory. Tedes que recortart as imaxes e, unha vez recortadas, tedes que mesturalas ben e poñelas boca abaixo formando filas (3 filas de 4 imaxes, por exemplo). Despois, temos que levantar dúas cartas (as que queiramos) e ver se coincide a parella. Se coincide deixámola boca arriba e, senón, volvemos darlles a volta e continuamos buscando. 

Agora ímos facer figuras de nadal con plastilina, podemos seguir os modelos...


Despois de tanto crear, ímos xogar un pouco coas vogais...

Tes que atopar as cinco e colorealas para distinguilas do resto do debuxo.

E, xa por último, ímos colorear cada letra dunha cor e colorear tamén os elementos da fila de abaixo que comezan por esa letra (en castelán)...

sábado, 4 de diciembre de 2021

 Bo día familias

Para esta fin de semana, déixovos un conto que temos na clase e que aos nenos lles gusta moito; "A casa da mosca chosca"...


Agora, anímovos a facer unha actividade de números; tedes que buscar o número que vai antes e o que vai despois...



Agora ímos asociar os números coas cores seguindo os códigos para colorear o boneco de xenxibre...


Que pasedes unha feliz ponte!

jueves, 2 de diciembre de 2021

Boas de novo familias

Hoxe ímos xogar un pouco coas vogais atopando as imaxes que comezan por cada unha delas...



É tan sinxelo como ir recortando as imaxes e pegalas ao carón da vogal correspondente.

A continuación, propóñovos unha actividade de posicións...


Collede unha morea de bastoncillos, píntadeos coas cores que aparecen na imaxe e representade as diferentes posicións.









miércoles, 1 de diciembre de 2021

Boa tarde familias

Hoxe propóñovos outra actividade de orientación espacial. Tedes que colorear as frechas coa cor correspondente dependendo da posición de cada unha delas; arriba, abaixo, dereita, esquerda (un lado, outro lado).



Non perdades as cores de vista,  anímovos a completar as seguintes series...


Agora, collede calquer material manipulativo que teñades pola casa (botóns, pompóns...)  e facede series inventadas. Póñovos un exemplo de como se podería comezar...


Para seguir traballando as nosas habilidades matemáticas, propóñovos esta outra actividade...


Cos mesmos elementos manipulativos que empregades para facer as series, podedes ir identificando e marcando nas diferentes filas da táboa o número que é igual ao que está na parte superior, neste caso é o 3. Veña! A buscar! 




martes, 30 de noviembre de 2021

 Boa tarde familias

É hora de traballar un pouquiño a lectoescritura con estes xogos que vos propoño a continuación.






A actividade consiste en identificar a letra que aparece na parte superior e asociala coa mesma letra (maiúscula ou minúscula) das que aparecen na parte inferior. Podedes marcala cunha pinza, cun gomet ou ben colorear a que corresponde en cada caso.

Agora, déixovos o xogo da oca das vogais...


Precisamos, como no xogo da oca tradicional, un dado e unha ficha para cada xogador (non máis de 4). Lánzase o dado e avanzamos segundo o número obtido. Ao caer nunha casilla, o xogador ten que identificar a letra e pensar nunha palabra que comece por esa mesma letra. Se acertamos, permanecemos na mesma casilla, pola contra, teremos que volver á casilla anterior.

 Se caemos na casilla da oca, decimos " De oca a oca e tiro porque me toca" e volvemos lanzar o dado.