lunes, 29 de noviembre de 2021

 Bo día familias

Hoxe ímos traballar un pouquiño a lóxico-matemática e a orientación espacial. Por aquí vos deixo unha actividade na que tedes que poñer o número de puntos que corresponde a cada posición.


Agora, ímos descompoñer números de forma manipulativa. Observade a imaxe...


É o voso turno, empregando a plantilla da casiña descompoñede os seguintes números: 3, 5, 7,9.


Por aquí vos deixo outros exemplos de como se poden facer as descomposicións...




viernes, 26 de noviembre de 2021

 Bo día familias

Como hoxe é o día de levar un contiño para a casa, non ímos quedar sen el! Por aquí vos deixo un par deles, podedes escoller un e facer a actividade correspondente ou os dous, como queirades.







Déixovos tamén a ficha de lectura por se queredes facela...


Que teñades moi boa fin de semana!

jueves, 25 de noviembre de 2021

 Boa tarde familias

Hoxe, no cole, celebramos o 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Aínda que non puidemos participar presencialmente na celebración, ímos conmemoralo igualmente a través deste conto...


Agora, realiza as seguintes actividades...












miércoles, 24 de noviembre de 2021

 Boa tarde familias

Hoxe ímos facer un repaso de contidos relacionados co outono. Comezamos cun pouquiño de vocabulario...



Lembrades que un dos froitos carnosos do outono é a mazá? Imos meter nos saquiños tantas mazás como se indica neles...


E no outono, como nos vestimos? Arrodea as prendas de vestir que empregamos nesta estación e colorea. 



Das seguintes imaxes, cal cres que corresponde á estación do outono? Por que?


Por último, fíxate nos códigos e colorea cada letra da cor que corresponde...




martes, 23 de noviembre de 2021